Xoaquín Lorenzo (1907-1989)

Xoaquín Lorenzo (1907-1989). Unha fotobiografía

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497821797
Ano de edición:
Materia
FOTOGRAF?A
ISBN:
978-84-9782-179-7
Páxinas:
280
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

55,65 €

IVE incluído

Xoaquín Lorenzo Fernández (Ourense, 1907-Lobeira, 1989),etnógrafo, arqueólogo, historiador, profesor, fotógrafo, debuxante, fundador do Museo do Pobo Galego, membro da Real Academia Galega, foi homenaxeado co Día das Letras Galegas 2004. O presente volume, Xoaquín Lorenzo (1907-1989). Unha fotobiografía, preparado por Afonso Vázquez-Monxardín Fernández, constitúe a achega máis acaída sobre o percorrido biográfico e autoral de Xoaquín Lorenzo. Precedida por unha  presentación do Museo do Pobo Galego e dunha cronoloxía do autor, recolle centos de fotografías (a maior parte inéditas), textos e documentos organizados nas seguintes etapas: 1907-1923: A infancia e a  mocidade. A descuberta de Galicia. 1923-1936: Os tempos do Seminario de Estudos Galegos. O compromiso coa Terra. 1936-1941: A fenda da guerra. Sobrepóndose á desfeita.1941-1963: O traballo posible. Arqueoloxía e etnografía.1963-1977: A ilusión dos novos tempos. A confianza na mocidade.1977-1989: O fío da memoria. Tempo de homenaxes e recoñecementos.A obra, ademais do percorrido fotobiográfico, inclúe ensaios de Clodio González Pérez ("Xocas: Biografía"), de Francisco Fariña e Xulio Rodríguez ("Dimensión arqueolóxica de X. Lorenzo"), de Xosé Manuel González Reboredo ("Don Xoaquín Lorenzo Fernández e os estudos da sociedade, a literatura oral e as crenzas da Galicia campesiña"), de Francisco Calo Lourido ("Xaquín Lorenzo Fernández e o mundo do mar"), de Francisco Fernández Rei ("A terminoloxía tradicional e a construción do galego estándar"), de Xosé C. Sierra Rodríguez ("Palabras e cousas. Achegamentos visuais ó coñecemento etnográfico"), de Segundo Alvarado ("Don Xoaquín Lorenzo, un solteirón, pais de moitos) e Xosé Lino Vázquez-Monxardín Blanco ("A lembranza dun bo e xeneroso"). O volume complétase cunha bibliografía de e sobre Xoaquín Lorenzo. A edición desta fotobiografía realizouse en colaboración entre o Museo do Pobo Galego, o Consello da Cultura Galega e Edicións Xerais de Galicia.

Materia en Libreria Xacobiño

  • VOLVER
    Titulo del libro
    VOLVER
    MELAZZINI SANTIAGO
    La marca
    Llámelo folioscopio, flipbook o cine de dedos. Lo único seguro es que ningún otro libro se lee tan rápido. ...
    No disponible
  • Leni Riefenstahl
    Titulo del libro
    Leni Riefenstahl
    Bach, Steven
    Circe
    En tiempos la mujer más celebrada de Alemania y la cineasta más famosa  del mundo, Leni Riefenstahl se encarg...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    29,00 €

  • Indiferencia y singularidad
    Titulo del libro
    Indiferencia y singularidad
    Gloria Picazo, Jorge Ribalta
    Gustavo gili
    Indiferencia y singularidad recoge las aportaciones de críticos y artistas durante el seminario La fotografía...
    No disponible
  • Venise vue d'en haut
    Titulo del libro
    Venise vue d'en haut
    AA.VV
    Jonglez
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    39,95 €

  • Tras la escena
    Titulo del libro
    Tras la escena
    Leonard, Herman
    Electa
    No disponible

    38,00 €

Xerais en Libreria Xacobiño