Tal era vivir

Tal era vivir. Os vellos oficios III

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497821919
Ano de edición:
Materia
ARTE, ARQUITECTURA, CINE E FOTOGRAF?A
ISBN:
978-84-9782-191-9
Páxinas:
168
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
CRONICA

16,65 €

IVE incluído

"Tal era vivir" é a terceira e última entrega dos ensaios antropolóxicos que Xosé Vázquez Pintor comezou nÆ "Os vellos oficios" e continuou con "A tribo sabe". O autor achégase á vida dos colmeiros que preparan o teitado das últimas pallozas do Cebreiro e dos canteiros ou pedreiros do Campo de Xastre, en Agolada, que labraban a fermosa arquitectura das fontes e feiras de Galicia, ao tempo que recupera a fala dos arxinas de Cerdedo e dos mestres da pedra de máis sona das terras de Montes; dá conta dos labores e da fala dos cesteiros ou bogardes de Mondariz e dos cereiros ou borreiros (xeralmente tamén capadores) de Forcarei. O traballo dos encadernadores de Viveiro, dos ferradores de Penaporrín e dos aceiteiros de Quiroga son igualmente reconstruídos a partir dunha memoria viva aínda conservada polos artesáns destes vellos oficios de noso. Particular importancia ten no volume a recuperación das carreiras do cordel, a actividade artesanal de confección de cabos e cordas, empregados en oficios agrarios e mariñeiros, que se desenvolve  na parroquia de Meira do concello de Moaña. O volume inclúe un completo apartado fotográfico e un apéndice onde se recollen a fala ou  xerga dos arxinas de Pontevedra e o dos cesteiros de Mondariz.

Outros libros do autor en Libreria Xacobiño

  • CANTA O CUCO
    Titulo del libro
    CANTA O CUCO
    Vázquez Pintor, Xosé
    Fervenza
    No disponible
  • Lume de biqueira
    Titulo del libro
    Lume de biqueira
    Vázquez Pintor, Xosé
    Xerais
    Vigo de Galicia, días de outono do ano 2001. O neto de Anxo Vilariño Enríquez agradece a memoria do avó, in...
    No disponible

    13,60 €

  • bicos
    Titulo del libro
    bicos
    Vázquez Pintor, Xosé
    Fervenza
    No disponible
  • Columnas de papel 2
    Titulo del libro
    Columnas de papel 2
    Nº 28
    Vázquez Pintor, Xosé
    Rinoceronte editora s.l.
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    20,00 €

  • Columnas de papel
    Titulo del libro
    Columnas de papel
    Nº 25
    Vazquez Pintor, Xosé
    Rinoceronte editora s.l.
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,00 €

Materia en Libreria Xacobiño

Xerais en Libreria Xacobiño