Guía dos Curros de Galicia

Guía dos Curros de Galicia

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497820097
Ano de edición:
Materia
GU?AS DE VIAXE
ISBN:
978-84-9782-009-7
Páxinas:
184
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
225
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
GUIAS TEMATICAS

29,95 €

IVE incluído

"Guía dos curros de Galicia", é a primeira obra bibliográfica destinada a dar a coñecer e divulgar o fenómeno dos curros, un dos acontecementos sociais máis definitorios da nosa tradición. Preparada por dous especialistas, o veterinario Herminio Pose Nieto e o fotógrafo Eduardo Castro, iníciase cun breve percorrido histórico sobre a tradición da cría de cabalos ceibes en Galicia, para logo introducirnos integramente no suceder dos curros. Analízase a historia  e orixe do Cabalo de Pura Raza Galega, esquecido durante moitísimos anos e que actualmente se atopa en perigo de extinción. Ofrécense algúns consellos prácticos á hora de visitar os curros. Descríbense os  vinteún curros, presentados por provincias, que se celebran ao longo do ano en Galicia. Para cada curro ou rapa detállase o seu calendario e horarios, a súa situación xeográfica, os accesos, os servicios que nos podemos atopar, a historia do curro, o tipo de construcción e o desenvolvemento das tarefas durante a súa celebración. Unha detallada información textual, acompañada de mapas e fotografías sobre a ubicación e o desenvolvemento da rapa. A presente guía categoriza e puntúa cada un dos curros de Galicia en función dos seguintes criterios: a tradición histórica da cría de calos en liberdade na zona de celebración do curro, o manexo dos animais, a non inclusión doutras actividades complementarias ao curro para darlle atractivo turístico, o respecto aos animais e a ausencia de violencia e malos tratos, as instalacións do curro (historia, forma, materiais, reformas, etc.), o emprego de cabalos do país nas prácticas habituais de manexo do gando e a presencia de Cabalos de Pura Raza Galega inscritos entre os acurrados. E, pois, unha completísima e única guía que, mesturando información práctica e turística, pretende destacar tamén as raigames socioculturais destes acontecementos, ademais dos costumes de manexo do gando cabalar nas distintas comarcas e as diferentes tipoloxías das  construccións dos curros.

Materia en Libreria Xacobiño

Xerais en Libreria Xacobiño

  • A praia da esperanza
    Titulo del libro
    A praia da esperanza
    Fernández Paz, Agustín
    Xerais
    Raquel atopa unha buguina entre as rochas da praia e decide levala para a súa casa. Unha vez alí, descubrirá...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    12,95 €

  • Cogomelos de Galicia e norte de Portugal
    Titulo del libro
    Cogomelos de Galicia e norte de Portugal
    Castro, Marisa
    Xerais
    "Cogomelos de Galicia e norte de Portugal" é, sen dúbida, a mellor e máis completa e actualizada publicació...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    33,50 €

  • MANUEL MARIA: VIDA, VERSOS E REBELDIA
    Titulo del libro
    MANUEL MARIA: VIDA, VERSOS E REBELDIA
    VEIGA, MANUEL / LASTRA MURUAIS, XOSE
    Xerais
    Este libro retrata a Manuel María, o home que aspiraba a coñecer a todos os galegos, un a un. Trátase dun re...
    No disponible

    13,50 €

  • A narradora do deserto
    Titulo del libro
    A narradora do deserto
    Fluixà, Josep Antoni
    Xerais
    Amira vive no deserto, e do que máis gusta é de contarlles historias aos seus amigos. Pero un día, por causa...
    No disponible

    3,05 €

  • CON PÓLVORA E MAGNOLIAS
    Titulo del libro
    CON PÓLVORA E MAGNOLIAS
    Méndez Ferrín, X.L.
    Xerais
    Con pólvora e magnolias (1976) é unha referencia obrigada na lírica contemporánea. Unha certa perspectiva h...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    11,95 €