Economía por un futuro sustentable.
 IBD

Economía por un futuro sustentable.

EAN:
9788484874539
Materia
ECONOM?A E EMPRESA
ISBN:
978-84-8487-453-9
Páxinas:
196
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
ENSAIO

17,50 €

IVE incluído
Comprar

Título: Economía para un futuro sustentable.
Subtítulo: Chaves para  entender a economía do noso tempo.

Dicía Joan Robinson (1903-1993), unha grande economista inglesa, que «a mellor razón para aprender economía é para que os economistas non te enganen». En efecto, a economía é unha ciencia interesante e complexa, aínda que se  cadra os economistas teiman en facela aínda máis complexa e, polo camiño, o que conseguen é facela menos interesante e máis escura.
Boa parte da materia de Economía no bacharelato baséase na simple adaptación deste modelo -clásico- ao nivel dos alumnos. Desta pauta o premio Nobel (2001) Joseph Stiglitz afirma que «as teorías obsoletas que se continúan a ensinar en todas as universidades do mundo son un dos motivos polos que se continúan aplicando as políticas  económicas arcaicas que non nos han sacar da crise».
Neste sentido,a ECONOMÍA PARA UN FUTURO SUSTENTABLE, de Vicent Cucarella, ensina «o que é debido ensinar» nunha clase de Economía, mais non dun xeito habitual, «como é debido». De primeiras non ten fórmulas nin gráficos, o autor tan só emprega a linguaxe e, por riba, unha linguaxe  sinxela e comprensible, o que non significa que sexa simple. En efecto, a fórmula utilizada é a dun diálogo ameno entre unha economista, un físico e un estudante de bacharelato, entre uns mestres  e un discípulo. Poderíamos dicir que segue o modelo do diálogo socrático.

Outros libros do autor en Libreria Xacobiño

Materia en Libreria Xacobiño