As cidades invisibles

As cidades invisibles

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483023150
ISBN:
978-84-8302-315-0
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

16,65 €

IVE incluído

Como fixera coa súa triloxía Os nosos antepasados, Italo Calvino xoga en As cidades invisibles a redefinir os mitos, neste caso do emperador  mongol Kublai Khan e o mercader veneciano Marco Polo, aínda que a empresa ten aquí ben máis calado. Non parte Calvino do Libro das marabillas do propio Polo, nin da realidade histórica do século XIII en que viviron estes personaxes. O xeito do noso Cunqueiro, os anacronismos deseñan un tempo imaxinario, indeterminado; o mundo da fábula contemporánea. Neste universo abstracto transcorre unha conversa entre o emperador e o mercader, na que este lle describe a aquel as cidades do seu imperio. Cidades, todas elas con nome de muller, presentadas como metáforas da sociedade e mesmo da existencia,  e observadas cun humanismo por veces irónico. Coma o fresco que adorna o Palazzo Comunale de Siena existe unha simetría sutil entre o bo e o mal goberno, entre a cidade xusta e a inxusta da que fala Calvino.En palabras de Miguel-Anxo Murado, o traductor para o galego desta edición e autor do prólogo, "a sociedade, pero tamén a linguaxe e a imposibilidade de expresar a realidade por medio das palabras, son  as grandes protagonistas deste libro escrito con tanto preciosismo lingüístico. As conversas entre Kublai e Polo están cheas de referencias á necesidade de imaxinar ou evocar antes que á posibilidade de describir. Así xorde outro dos elementos claves do libro: a memoria. A memoria como único patrimonio verdadeiro do ser humano. Un é o que pode lembrar. Esa é toda a bagaxe de Marco Polo, un  humilde estranxeiro, perante do Khan, que sen embargo nada posúe porque descoñece o seu propio imperio. Non se pode ter o que non se sabe". Este libro fermoso, considerado por algúns a creación máis lograda de Calvino, abriu en 1998 a nova liña de traduccións que Xerais ven ofrecendo dentro da súa colección "Narrativa".

Outros libros do autor en Libreria Xacobiño

  • Los amores difíciles
    Titulo del libro
    Los amores difíciles
    Nº 20
    Calvino, Italo
    Siruela
    Las historias de Los amores difíciles, de Italo Calvino (1923-1985), versan sobre la dificultad de comunicaciÃ...
    No disponible

    14,90 €

  • Marcovaldo.......................dl
    Titulo del libro
    Marcovaldo.......................dl
    Calvino, Italo
    Destino
    No disponible

    6,95 €

  • La hormiga argentina
    Titulo del libro
    La hormiga argentina
    Nº 00
    Calvino, Italo
    Siruela
    «Cuando vinimos a instalarnos no sabíamos nada de las hormigas [...] Â¿cómo podíamos imaginar la historia d...
    No disponible
  • Nuestros antepasados
    Titulo del libro
    Nuestros antepasados
    Nº 15
    Calvino, Italo
    Siruela
    «Recojo en este volumen tres historias que escribí en la década de los  cincuenta a los sesenta y que tienen...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    24,95 €

  • Els nostres avantpassats.
    Titulo del libro
    Els nostres avantpassats.
    Italo Calvino
    Labutxaca
    A El vescomte migpartit el cavaller Medrado va a prendre part en una guerra contra els turcs i rep una canonada...
    No disponible

Xerais en Libreria Xacobiño