Antón Avilés de Taramancos (1935-1992)

Antón Avilés de Taramancos (1935-1992). Unha fotobiografía

Editorial:
Xerais
EAN:
9788475073781
Ano de edición:
Materia
BIOGRAF?AS
ISBN:
978-84-7507-378-1
lingua:
GALEGO
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

51,50 €

IVE incluído

Xosé Antón Avilés Vinagre naceu na aldea noiesa de Taramancos, da que tirou o seu nome literario, Antón Avilés de Taramancos, o 6 de abril de 1935 e morreu na Coruña o 22 de marzo de 1992. En 1961 exiliouse en  Colombia, país no que residiu durante vinte anos. De regreso a Galicia, incorporouse á vida social, política e cultural do país. Avilés de Taramancos, publicou os poemarios "As moradías do vento" (1955), "A frauta e o garamelo" (1959), "O tempo no espello" (1982), "Cantos caucanos" (1985, Xerais 2003), "As torres no ar" (1989) e "Ultima fuxida a Harar" (1992); ademais do libro de relatos "Nova Crónica das Indias" (1989, Xerais 2003) e da peza infantil "Tres capitáns de tempos idos" (Xerais 2003). As súas colaboracións en prensa foron recollidas en "Obra viva" (1992). Antón Avilés de Taramancos. Unha fotobiografía (1935-1992) ofrece un singular percorrido fotobiográfico sobre a figura humana e literaria que Galicia homenaxea este 17 de maio. Preparada coidadosamente por María Dolores Arxóns Alvarez e X.Lois Agrelo Hermo, amigos persoais e biógrafos do poeta, a presente fotobiografía ofrece máis de douscentos  documentos gráficos (fotografías, programas, textos manuscritos...) e  textos literarios, ordenados cronoloxicamente, e, en boa parte, ata agora inéditos, que constitúen o máis amplo álbum documental sobre a figura de Antón Avilés de Taramancos. Percorrido fotobiográfico iniciado na súa aldea natal de Taramancos (1935-1953), que continúa no  seu tempo de formación e bohemia na Coruña (1953-1961), que se ensancha no seu perído en Colombia, a súa patria acolledora (1961-1980), que conclúe en Noia, a súa patria recuperada (1980-1992).  Percorrido visual, precedido polo ensaio "Antón Avilés, o sentimento fabulador da terra", preparado polo seu amigo e coetáneo xeracional o académico Salvador García-Bodaño Zunzunegui.O volume complétase cunha completa cronoloxía e unha bibliografía de e sobre Antón Avilés.

Materia en Libreria Xacobiño

  • La mirada de la maestra
    Titulo del libro
    La mirada de la maestra
    Cuñat Forte, Eduardo
    Npq editores
    Nuestra memoria es selectiva. Indiscutible. Ehrenburg decía: En ocasiones,la falta de memoria la dictaba el in...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    20,00 €

  • Miguel de Cervantes
    Titulo del libro
    Miguel de Cervantes
    Rey Hazas, Antonio
    Alianza
    Los múltiples actos que conmemoran la primera edición de la más universal de nuestras aportaciones a la lite...
    No disponible

    19,10 €

  • Diez horas con Alejandro Amenábar.
    Titulo del libro
    Diez horas con Alejandro Amenábar.
    Nº 15
    Amenábar., Alejandro
    La fabrica
    En esta larga e íntima conversación entre Alejandro Amenábar y el periodista Antonio Lucas, el cineasta desg...
    No disponible
  • Diario de un periodista deportivo
    Titulo del libro
    Diario de un periodista deportivo
    Quintana Alarcón, Miguel
    Geoplaneta
    La figura más respetada de la nueva hornada de periodistas deportivos repasa su trayectoria y hace un diagnós...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    19,95 €

  • Considerando abandono y deshonor en la pérdida de Málaga, 1937
     IBD
    Titulo del libro
    Considerando abandono y deshonor en la pérdida de Málaga, 1937
    Nadal Sánchez, Antonio
    Ibd podiprint
    Largo Caballero se reclama el responsable de la pérdida de Málaga. El mismo asume el juicio histórico y la c...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,71 €

Xerais en Libreria Xacobiño

  • Marta ante o espello
    Titulo del libro
    Marta ante o espello
    Calo Fontán, Teresa
    Xerais
    Marta, unha rapaza de case dezasete anos, lembra os últimos meses da súa vida diante do espello. Para ela foi...
    No disponible
  • dz ou o libro do esperma
    Titulo del libro
    dz ou o libro do esperma
    Solleiro, Samuel
    Xerais
    A intención argumental de dz ou o libro do esperma de Samuel Solleiro é a de problematizar e mesmo anular o c...
    No disponible
  • A cidade dos Césares
    Titulo del libro
    A cidade dos Césares
    F. Freixanes, Víctor
    Xerais
    Entre 1776 e 1783 case catrocentas familias embarcaron nos peiraos do Parrote, na Coruña, rumbo ás terras ign...
    No disponible

    24,15 €

  • Corredores de sombra
    Titulo del libro
    Corredores de sombra
    Fernández Paz, Agustín
    Xerais
    Verán de 1995. No pazo dos Soutelo, ao facer unhas obras de restauración, descúbrese un esqueleto dentro dun...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,95 €

  • Os piratas da illa da Esperanza
    Titulo del libro
    Os piratas da illa da Esperanza
    Rivadulla Corcón, X. H.
    Xerais
    A Illa do Tesouro é o libro máis especial para os cinco membros do Club de Lectura Pedra dos Corvos. Cando co...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    12,95 €