A obra xornalística de José Gómez de la Cueva
 IBD

A obra xornalística de José Gómez de la Cueva

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484874355
Materia
POLITICA
ISBN:
978-84-8487-435-5
Páxinas:
278
lingua:
CASTELLANO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
ENSAIO

19,95 €

IVE incluído
Comprar

José Gómez de la Cueva, que asinaba os seus traballos co pseudónimo
Johan Carballeira, foi un dos xornalistas galegos máis valorados durante os
anos anteriores á guerra civil. Os seus artigos, reportaxes e entrevistas publicáronse,
sobre todo, en xornais galegos (Faro de Vigo, El Pueblo Gallego) e
tamén de ámbito  español (Ahora, El Sol, La Voz de Aragón), distribuídos pola
Axencia EDIM. Tamén escribiu para revistas que se difundían en  todo o Estado,
como Estampa ou Gaceta de Galicia. Como poeta a súa  obra apareceu
en xornais e revistas, pero non puido levar a cabo o proxecto, anunciado antes
da súa morte, de publicar unha escolma co título de "Cartafol de poesía". Elixido
alcalde de Bueu polo Partido Galeguista en 1936, o seu traballo neste
eido transcendeu o  ámbito municipal para ocuparse dos problemas das clases
traballado ras, fundamentalmente mariñeiros para mediar coas forzas políticas
e empresariais as súas condicións de traballo. A guerra civil provocou a súa
detención e, despois dun consello de guerra, foi condenado a morte, sentencia
que se levou a cabo o 17 de abril de 1937.
A obra xornalística de José Gómez de la Cueva (Johan Carballeira) é unha
recompilación comentada e contextualizada da maior parte dos seus traballos
publicados nos xornais e nas revistas nas que colaboraba. Aquí están a práctica
totalidade dos seus escritos xornalísticos clasificados por bloques temáticos
(política, cultura, lingua...), por xéneros xornalísticos  e ordenados
cronoloxicamente.

Outros libros do autor en Libreria Xacobiño

Materia en Libreria Xacobiño

Laiovento (ibd) en Libreria Xacobiño

  • VIDAS CULPÁBEIS.O controlo neoliberal do crime
     IBD
    Titulo del libro
    VIDAS CULPÁBEIS.O controlo neoliberal do crime
    Borxa Colmenero Ferreiro
    Laiovento (ibd)
    As instituições de encerramento prototípicas da sociedade disciplinar, tais como a fábrica, a escola o...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,89 €

  • RECODES DOS SERES VIVOS
     IBD
    Titulo del libro
    RECODES DOS SERES VIVOS
    Klaus Richarz - Bruno P. Kremer
    Laiovento (ibd)
    Título: RECODES DOS SERES VIVOSSubtítulo: Anaos e gigantes, das bactérias aos vertebrados.O presente livro, ...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    24,80 €

  • A invención dun Deus. Xesús de Nazaret. II.
     IBD
    Titulo del libro
    A invención dun Deus. Xesús de Nazaret. II.
    Xulio López Valcárcel
    Laiovento (ibd)
    Título: A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET.II.Subtítulo: A configuración dun mito. De Mesías a Deus.L...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,95 €

  • EXHORTACIÓN Á DESOBEDIENCIA
     IBD
    Titulo del libro
    EXHORTACIÓN Á DESOBEDIENCIA
    Xosé Manuel Beiras Torrado
    Laiovento (ibd)
    Etica democrática e, na esquerda, ética de esquerdas. Fraternidade. Cooperación e non competición. Repúbli...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,00 €

  • Voz e Silencio
     IBD
    Titulo del libro
    Voz e Silencio
    Nº 381
    Salinas Portugal, Francisco
    Laiovento (ibd)
    Voz e silencio? non chegou a ser revisado por Carvalho, ao ser tamén obra póstuma. Publicado en 1991 e a...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,96 €