A memoria do Carballiño

A memoria do Carballiño

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497820516
Ano de edición:
Materia
XEOGRAF?A
ISBN:
978-84-9782-051-6
Páxinas:
96
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

9,90 €

IVE incluído

O presente álbum sobre a memoria gráfica do Carballiño -preparado, como os restantes volumes da serie, por Carlos Díaz Martínez- iníciase  a principios do século XX coas temáticas que definen as características sociais e económicas da vila: a presencia do Balneario, a condición da vila de encrucillada de vías de comunicación  e de centro comercial da comarca. Estes puntos de interese deixaron entre 1900 e 1936 unha valiosa produción de postais de gran relevancia  e calidade de edición. A importancia da vila do Carballiño amósase pola inclusión de numerosos exemplares da famosa serie xeral do editor  e impresor de Madrid, a casa fototipia Hauser y Menet. Deste período cómpre resaltar a importancia de dúas iniciativas locais: a serie coa temática da vila, do editor Andrés Fernández e a serie de publicidade do Balneario. Por razóns da orixe histórica do Carballiño, no presente  álbum inclúense a serie de Oseira (1925), do fotógrafo barcelonés L. Roisin. Iniciativa editorial do propio Mosteiro para dar a coñecer o valor deste patrimonio monumental. O volume complétase con outras tarxetas postais editadas pasada a Guerra Civil, das que teñen especial interese a publicada por Paisajes Españoles de Madrid que inclúe a curiosidade de fotografías áereas, tema moi novidoso naqueles  tempos. Ademais do case centenar de postais, fotografías, gravados, mapas e marcas filatélicas, o volume inclúe o ensaio literario de Felipe Senén, «O Carballiño, porta dos ribeiros (parada e fonda)», onde o autor glosa fermosamente a historia da súa vila bañada polo río Arenteiro. Senén reconstrúe os aconteceres do Carballiño, dende os primeiros vestixios castrexos, a encrucillada de camiños medieval, a escola popular dos ilustrados, ata a memoria gráfica máis contemporánea. O amplo estudo do prologuista detense tamén na glosa da  importancia do mosteiro de Oseira, así como dos Pazos do Arenteiro e dos camiños polo Ribeiro de Avia.

Outros libros do autor en Libreria Xacobiño

Materia en Libreria Xacobiño

Xerais en Libreria Xacobiño

  • Estudio en escarlata
    Titulo del libro
    Estudio en escarlata
    Conan Doyle, Arthur
    Xerais
    No disponible

    8,15 €

  • (03).ETICA FILOSOFIA DEREITO 1º.BACHARELATO -5%
    Titulo del libro
    (03).ETICA FILOSOFIA DEREITO 1º.BACHARELATO
    Pérez Vérez, Pedro / Otero Couso, Luis
    Xerais
    No disponible

    21,90 €20,81 €

  • Recinto gris
    Titulo del libro
    Recinto gris
    Nº 152
    Costas, Ledicia
    Xerais
    Tras unha día de galerna, Cidade Vii foi invadida por un exército adestrado para conseguir unha cidade perfec...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,95 €

  • ¿Que te angustia Núria?
    Titulo del libro
    ¿Que te angustia Núria?
    Llobet, Glòria
    Xerais
    No disponible

    10,45 €

  • Dedre
    Titulo del libro
    Dedre
    Caride, Ramón
    Xerais
    As pezas narrativas de "Dedre", o último libro de relatos de Ramón Caride, non requiren maior elucidación: a...
    No disponible

    19,50 €