Vigo por Magar III

Vigo por Magar III. Novas instantáneas e retratos da vida viguesa (1960-2007)

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497826884
Año de edición:
ISBN:
978-84-9782-688-4
Páginas:
288
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

Manuel García Castro «Magar» ofrece neste terceiro volume da súa serie  «Vigo por Magar», iniciada en 2002, outras trescentas instantáneas, panorámicas e retratos que contribúen a enriquecer a reconstrución da historia viguesa das últimas catro décadas. Empregando as mellores posibilidades que ofrecen as ferramentas do fotoxornalismo, «Magar» ofrece unha viaxe emocionante, entrañable e comprometida polos avatares dunha cidade hiperdinámica que durante este período remudou a  súa fasquía e ampliou o seu perímetro converténdose no corazón da Galicia urbana contemporánea. Trescentos cartaces en branco e negro que densifican a memoria próxima de tres xeracións de vigueses e viguesas. No libro amósase o esforzo desta «cidade puro milagre», a dos obreiros nas factorías de Barreras e Citr"en, a das pescantinas do  Berbés, mais tamén a cidade que na rúa reclama os seus dereitos. Nin a presenza dunha longa galería de familias, alcaldes, concelleiros, empresarios, bancarios, comerciantes, xornalistas, médicos, empregados, escritores, músicos, escolares, taxistas, bombeiros, policías municipais, funcionarios, peñas de amigos ou de xentes de máis posibles. Nin se oculta a importancia do deporte nunha comunidade  con vontade de cidade olímpica, sexan os fondistas do Celta, os regatistas de esnais e traíñas, os balonmanistas do Vulcano, os futbolistas modestos do Peñasco ou os derbis do Celta co Pontevedra. Este novo «Vigo por Magar III»provoca, como os dous libros anteriores,  un recordo compartido que non é pasado nin peza de museo para nostálxicos saudosos. Un libro vivificador e vigorizante para activar a memoria propia ou familiar da cidade que ten a fortuna de ser homenaxeada pola cámara de Magar.

Otros libros del autor en Libreria Xacobiño

Xerais en Libreria Xacobiño

  • Restaurante Farruco
    Titulo del libro
    Restaurante Farruco
    Pereiro, Chus
    Xerais
    No xeitoso e moi feituco Resturante Farruco celébrase un xantar moi especial: unha parella e o rei son atendid...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,50 €

  • Os nosos versos
    Titulo del libro
    Os nosos versos
    Pondal, Eduardo / Garcia Teijeiro, Antonioteijei
    Xerais
    Poemas escritos para denunciar inxustizas, iluminar sombras, reivindicar vellos soños, expresar amor ou desamo...
    No disponible

    9,95 €

  • O que me quedaba por dicirche
    Titulo del libro
    O que me quedaba por dicirche
    Mancebo, Alberto
    Xerais
    A vida de Xoán transcorre nunha especie de entresoño que o obriga a manter unha relación dificultosa e estra...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    17,95 €

  • O avión de Cangas
    Titulo del libro
    O avión de Cangas
    Cabana Yanes, Darío Xohán
    Xerais
    Belarmino é un pequeno avión de pasaxeiros que fai a liña de Cangas a Vigo. Unha noite, mentres voaba polo c...
    No disponible

    7,10 €

  • A pioneira
    Titulo del libro
    A pioneira
    Pena Taboada, Héctor
    Xerais
    De Ester din que é unha "marimacho". Tamén lle chaman "muller hombruna". E só porque lle gusta xogar ao fút...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,50 €