MORANDEIRA LUISA / GALLIO RENATA
Un rei poderoso, amante da caza e das armas, agarda impaciente o momento en que o seu fillo ocupe o trono; pero Valentino, un prÃncipe bondadoso e intelixente, ve o mundo doutro xeito. O mozo non se adapta ás expectativas do pai, nin aos estereotipos do heroe: é inimigo da caza, rexeita as armas e a idea da guerra faino tremer. Divertido exercicio contra a violencia a partir da tradición oral etÃope. Ademais, grazas ás situacións cheas de humor e por veces absurdas, penétrase na psicoloxÃa do protagonista, que conmove e fai reflexionar sobre os valores do corazón.