Romanceiro en lingua galega

Romanceiro en lingua galega

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483027547
Año de edición:
Materia
LIBRO DE TEXTO
ISBN:
978-84-8302-754-7
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
UNIVERSITARIA

23,00 €

IVA incluido

Coa presente colección de romances en lingua galega os autores queren demostrar -en contra dunha opinión bastante estendida- que Galicia cantou e recitou historias en verso, sobre todo de carácter novelesco.  Moitos coinciden cos romances casteláns; bastantes son comúns á área galego-portuguesa; e tamén existen algúns propios, que non son os de menor beleza. Desde que, en 1863, López de la Vega editou os primeiros  romances galegos, foron moitos os folcloristas, etnógrafos e estudiosos da literatura popular que se dedicaron a recollelos. Cabe citar a Manuel Valladares, os irmáns de la Iglesia, Murguía, Saco y Arce, Casto Sampedro, Said Armesto, Hervella Courel, Vicente Risco, Dorothe Schubart e Antón Santamarina. Faltou un gran estudioso, como foi Menéndez Pidal para o romanceiro castelán ou Teófilo Braga para o portugués, pero o volume de material reunido é notable. Probablemente a maior desgracia foi que as mellores coleccións de romances -as de Casto Sampedro e Víctor Said Armesto- quedaran inéditas ata hai pouco.  Aínda está sen publicar a obra de Hervella Courel. As coleccións de Murguía e os irmáns de la Iglesia foron incluídas no Romanceiro popular galego de tradizón oral de Lois Carré Alvarellos. Os romances en lingua galega, pola súa calidade, son parte fundamental da nosa literatura e posiblemente no futuro aparezan nas historias de literatura galega, como aparecen nas da literatura castelá, catalana ou portuguesa.

Materia en Libreria Xacobiño

Xerais en Libreria Xacobiño

  • Néveda
    Titulo del libro
    Néveda
    Herrera Garrido, Francisca
    Xerais
    No disponible

    9,00 €

  • A pintura debida
    Titulo del libro
    A pintura debida
    RIVAS PARDO, FABIO
    Xerais
    Un grupo de nenos que queren coñecer como berran os ourizos, un rapaz que mira o seu reflexo no gume dun coite...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,50 €

  • Robinson Crusoe
    Titulo del libro
    Robinson Crusoe
    Defoe, Daniel
    Xerais
    No disponible

    11,45 €

  • Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado
    Titulo del libro
    Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado
    Salgueiro González, Roberto
    Xerais
    Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado a traxicomedia de Roberto Salgueiro González foi merecedora do Pre...
    No disponible

    11,10 €

  • Peaxes
    Titulo del libro
    Peaxes
    Lopo, Santiago
    Xerais
    Desde a súa ventá ao mundo, un caixeiro de peaxe da autoestrada bota unha ollada ás fraccións de vidas que ...
    No disponible