Pedro e o capitán

Pedro e o capitán

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497820165
Materia
TEATRO
ISBN:
978-84-9782-016-5
Páginas:
64
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
CENTRO DRAMATICO GALEGO

10,10 €

IVA incluido

«Pedro e o capitán» de Mario Benedetti, a pesar de ser concibida nun principio como unha novela, que o autor pensaba titular «O cepo», acabou sendo unha obra de teatro publicada en 1979. A presente versión  en lingua galega, preparada por Francisco Pillado Maior, foi estreada  na Coruña en 1993 polo G.T. de Amnistía Internacional. A obra constitúe un intento de comprensión da tortura, unha das manifestacións da violencia enxendrada por sistemas políticos represivos. Unha obra de teatro con dous únicos personaxes, o capitán (un militar torturador) e Pedro (un preso político torturado), que levan adiante un diálogo imposible. Os catro actos da obra están situados nunha sala de interrogación. A historia dun conflito que vai máis aló do meramente ideolóxico. O propio Benedetti advirte no seu prólogo que «esta peza constitúe unha indagación dramática na psicoloxía dun torturador. Algo así como a resposta a por que, mediante que proceso, un ser normal pode converterse nun torturador. A obra non presenta o enfrontamento dun monstro e dun santo, senón de dous homes, dous seres de carne e óso, ambos coa súa parte de vulnerabilidade e de resistencia. A distancia que hai entre eles é, sobre todo, ideolóxica, e, aí radica, talvez a clave doutras diferencias, que abranguen a moral, o ánimo, a sensibilidade perante o sufrimento humano, o complicado traxecto que media entre o valor e a covardía, a pouca ou moita capacidade de sacrificio, a fenda existente entre a traizón e a lealdade.» Mario Benedetti non pretende presentarnos a un torturador malnacido e desgraciado e a un torturado honorable, senón que pretende obxectivizar a situación fuxindo do maniqueísmo: é o enfrontamento de dous seres humanos. Así o autor uruguaio conclúe o prólogo da obra afirmando que «temos que recuperar a obxectividade como unha das formas de recuperar a verdade, e temos que recuperar a verdade como unha das formas de merecer a vitoria.»

Otros libros del autor en Libreria Xacobiño

  • Estuche a título de inventario
    Titulo del libro
    Estuche a título de inventario
    Benedetti, Mario
    Debolsillo
    No disponible

    34,90 €

  • VIVIR ADREDE
    Titulo del libro
    VIVIR ADREDE
    BENEDETTI FARRUGIA, MARIO
    Punto lectura
    ¿Nos traicionan nuestras propias huellas? ¿Qué diferencia hay entre un  suicida inevitable y uno vocacional?...
    No disponible

    5,95 €

  • La tregua
    Titulo del libro
    La tregua
    Benedetti, Mario
    Alianza
    Publicada en 1960, LA TREGUA es la obra de Mario Benedetti que ha alcanzado mayor éxito de público. La cotidi...
    No disponible

    8,00 €

  • Geografías
    Titulo del libro
    Geografías
    Benedetti, Mario
    Alfaguara
    El país de la nostalgia a diario se restaura o se deforma en la imaginación.. . . Las búsquedas poéticas y ...
    No disponible

    17,50 €

  • LA MUERTE Y OTRAS SORPRESAS
    Titulo del libro
    LA MUERTE Y OTRAS SORPRESAS
    Benedetti, Mario
    Siglo xxi editores
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    4,95 €

Materia en Libreria Xacobiño

Xerais en Libreria Xacobiño

  • Astérix lexionario
    Titulo del libro
    Astérix lexionario
    Nº 10
    Goscinny, René
    Xerais
    Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos. Toda Non! Unha aldea poboada por i...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,95 €

  • O euro e a construcción europea
    Titulo del libro
    O euro e a construcción europea
    Corbacho, Xesús
    Xerais
    A peseta xubílase. O euro xa está aquí. Os cidadáns teremos que adaptarnos ás novas moedas e billetes. As ...
    No disponible

    9,30 €

  • A cidade dos Césares
    Titulo del libro
    A cidade dos Césares
    F. Freixanes, Víctor
    Xerais
    Entre 1776 e 1783 case catrocentas familias embarcaron nos peiraos do Parrote, na Coruña, rumbo ás terras ign...
    No disponible

    24,15 €

  • Douche a miña palabra
    Titulo del libro
    Douche a miña palabra
    Nº 82
    Alonso, Fran
    Xerais
    Como se chega a ser escritora ou escritor? Por que se escribe? Pódese vivir sen ler? Pódese aprender a pensar...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,95 €

  • A góndola fantasma
    Titulo del libro
    A góndola fantasma
    Rodari, Gianni
    Xerais
    Gianni Rodari escribiu esta obra hai cincuenta anos. Unha novela que constitúe unha grande homenaxe á "Comedi...
    No disponible

    9,20 €