Os servizos no cambio de modelo agrario
 IBD

Os servizos no cambio de modelo agrario

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484874478
Materia
ECONOMIA Y EMPRESA
ISBN:
978-84-8487-447-8
Páginas:
276
Idioma:
CASTELLANO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
ENSAIO

Título: Os servizos no cambio de modelo agrario.
Subtítulo: Especialización, asociacionismo e cooperativismo
Este libro da conta da importancia dos servizos no proceso de cambio
no sector agrario ao longo das últimas décadas. Debulla o modo en
que, ao longo das últimas décadas, os profesionais do agro e da gandería
en  Galicia van botando man de diversos servizos para incorporar
innovacións, adaptarse a un mercado e un cadro regulador  cada vez
máis complexos e así poder manter a súa competitividade no mercado,
coidar do medio ambiente e proporcionar bos alimentos, sen deixar de
aspirar a unha mellor calidade de vida. O fío condutor do libro é a idea
de que a expansión dos servizos no sector agrario reflicte a resposta
adaptativa dun sector que vive una profunda crise e que precisa responder
ás dinámicas globais da agroindustrialización e a liberalización
dos mercados, aos novos retos da política agraria e rural, aos retos da
sustentabilidade así como á evolución das propias estruturas agrarias
nas últimas décadas.
A través dun percorrido polos principais cambios do contexto económico,
institucional e tecnolóxico que afectan ao sector agrario galego,
a autora presenta ao público unha análise do  cambio de modelo
agrario galego no contexto da Economía de Servizos e do Coñecemento.
A terciarización do sector agrario defínese pola crecente importancia
e presenza dos servizos en torno  ás actividades propias das
explotacións agrarias. Máis alá da contratación de servizos especializados
de maquinaria para as tarefas en campo, que xa conta cunha notable
tradición no agro galego, este estudo mostra e explica a crecente
intervención de axentes externos que aportan coñecemento técnico
especializado para  asesorar aos agricultores e gandeiros na innovación
dos procesos produtivos agrarios e, nalgúns casos, substituílos. Afonda
no estudo do papel desenvolvido polas cooperativas agrarias e outras
asociacións propias do sector, incluídos os propios sindicatos agrarios.
Estes axentes revélanse como fundamentais na prestación de servizos,
pola súa proximidade (física e cognitiva) e  pola súa capacidade de
conseguir economías de escala. Igualmente, poderían sentar as bases, a
través de novos servizos, para un novo modelo agrario sustentable que
aproveite plenamente as potencialidades do rural galego.

Otros libros del autor en Libreria Xacobiño

Materia en Libreria Xacobiño

Laiovento (ibd) en Libreria Xacobiño

  • AS INXUSTIZAS DO CASÓN
     IBD
    Titulo del libro
    AS INXUSTIZAS DO CASÓN
    Tamara García
    Laiovento (ibd)
    ?E un relato fascinante, escrito con sinxeleza e frescor, que arrecende a salseiro do mar. Coa axilidade da cr...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    20,00 €

  • Unha historia da arte galega
     IBD
    Titulo del libro
    Unha historia da arte galega
    Carlos L. Bernaárdez
    Laiovento (ibd)
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    44,95 €

  • Diario sen datas dunha aborixe galega
     IBD
    Titulo del libro
    Diario sen datas dunha aborixe galega
    Diana Varela Puñal
    Laiovento (ibd)
    A modo de diario, desde unha perspectiva vivencial, sen ningún tipode aspiración pretensiosa, abordo os temas...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,96 €

  • CRISE E RADICALIZACIÓN NEOLIBERAL
     IBD
    Titulo del libro
    CRISE E RADICALIZACIÓN NEOLIBERAL
    Xavier Vence
    Laiovento (ibd)
    CRISE E RADICALIZACIÓN NEOLIBERAL.AS ALTERNATIVAS SILENCIADASEste libro recolle reflexións sobre a actual cri...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    18,00 €

  • RECODES DOS SERES VIVOS
     IBD
    Titulo del libro
    RECODES DOS SERES VIVOS
    Klaus Richarz - Bruno P. Kremer
    Laiovento (ibd)
    Título: RECODES DOS SERES VIVOSSubtítulo: Anaos e gigantes, das bactérias aos vertebrados.O presente livro, ...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    24,80 €