NUNHA PRESA DE TERRA
 IBD

NUNHA PRESA DE TERRA

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484872832
Año de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-8487-283-2
Páginas:
184
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
NARRATIVA

Esta é unha novela con moitas máis cousas, pero eu fíxome sobre todo nunha: a portentosa descrición da vida labrega de cando Paco Castro e mais eu eramos tamén nenos labregos, el por terras do Incio e eu pola Terra Chá, que ó fin e ó cabo vénvos sendo o mesmo. Pero aquí non hai ningún etnografismo, hai vida. Os personaxes son verdadeiros: son persoas, non tipos. Eu non os coñecín, pero recoñézoos con todas as súas luces e sombras, con todas as súas infinitas facetas: o pai atormentado polo seu alcoholismo irremediable, a prodixiosa mai intelixente e valorosa e triste, o amor imperfecto pero fatídico entre  os dous, a esperanza terque no futuro. E o neno que medra e cambia. E  a vida tal como é, ou como era.
Coincide o tempo desta novela cunha mudanza feroz: Paco Castro e mais eu nacemos case na agricultura  neolítica, e nos anos da nosa infancia e mocidade unha cultura milenaria foi destruída sen dar lugar a algunha cousa nova e propia, senón a unha aculturación, a unha asimilación, a unha colonización. Isto é algo que tamén conta John Berger de sitios que chamamos Francia. E o mesmo: Paco Castro cóntao de nós, e tampouco non fai etnografía, porque el está radicalmente da parte de dentro.
 Podiamos meternos en comparanzas, pero isto é diferente: diferente das  grandes novelas de nenos labregos da nosa literatura, que son, digo eu, as Aventuras de Alberte Quiñoi e as Memorias dun neno labrego. Isto é outra cousa: está máis preto de nós. E doe máis. Cantas veces pensaría eu en escribir unha novela así, e nunca me atrevín! Grazas a Paco Castro por escribila e darma a ler.
Darío Xohán Cabana

Otros libros del autor en Libreria Xacobiño

Materia en Libreria Xacobiño

Laiovento (ibd) en Libreria Xacobiño

  • A LOLA
     IBD
    Titulo del libro
    A LOLA
    Manuel Ayán
    Laiovento (ibd)
    A Lola son todas as mulleres que sobreviviron aos seus maridos, arrebatados polo terror franquista.O relato xog...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    10,00 €

  • O coloso de Marusi
     IBD
    Titulo del libro
    O coloso de Marusi
    Nº 1
    Miller, Henry
    Laiovento (ibd)
    Tradución do inglés de María Alonso Seisdedos.«Na terraza elevada de Amarusio, mentres a luz dos outros mun...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,95 €

  • MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS
     IBD
    Titulo del libro
    MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS
    Rubén Pérez (coord.) - V V.AA.
    Laiovento (ibd)
    Nas páxinas deste libro poderedes atopar pequenas rebelións, loitas deartistas, militancias extremas, persona...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    15,64 €

  • Cantar na Coruña
     IBD
    Titulo del libro
    Cantar na Coruña
    Xosé Manuel Sánchez Rei
    Laiovento (ibd)
    Cantar na Coruña Cancioneiro coruñés dos séculos XVIII e XIX  Laiovento comprácese en ofrecer ao...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,89 €

  • CRISE E RADICALIZACIÓN NEOLIBERAL
     IBD
    Titulo del libro
    CRISE E RADICALIZACIÓN NEOLIBERAL
    Xavier Vence
    Laiovento (ibd)
    CRISE E RADICALIZACIÓN NEOLIBERAL.AS ALTERNATIVAS SILENCIADASEste libro recolle reflexións sobre a actual cri...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    18,00 €