Días de Cuba

Días de Cuba

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498655230
Año de edición:
Materia
BIOGRAFIAS
ISBN:
978-84-9865-523-0
Páginas:
412
Encuadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
MEMORIA

Cincuenta anos despois da súa primeira chegada á illa, Xosé Neira Vilas volve a aqueles Días de Cuba desde a lembranza. Viaxaba entón na  compaña de Anisia Miranda. Neste libro, que publica Editorial Galaxia, o autor de Memorias dun neno labrego evoca aquel "fervoroso tramo" da súa existencia.
 De 1961 a 1992, Xosé Neira Vilas reside en Cuba. Trinta e un anos vividos día a día, intensamente, procurando achegar o seu modesto gran  de area ao erguemento dunha nova sociedade e á construción dun novo Estado, dúas empresas que nas circunstancias históricas e incluso xeográficas daquela illa só podían levarse a cabo con moito fervor e tenacidade. Nestas páxinas, as lembranzas cubanas artéllanse arredor de catro eixos.
 O primeiro destes eixos narrativos está dedicado aos diferentes labores profesionais desenvolvidos polo escritor; desde alfabetizador e xornalista a tradutor e sindicalista, de miliciano a alumno e mestre. O segundo ordena o relato destas lembranzas polas súas relacións de amizade con, entre outros, escritores coma Nicolás Guillén, Alejo Carpentier e Roberto Fernández Retamar.
 O terceiro foco artéllase a partir das "Cartas (máis ou menos intemporais) a Luís Seoane", mentres que o cuarto dá paso aos «Homes na Historia»: José Martí, Ernesto Che Guevara e Fidel Castro. Péchase o libro cos apartados de "agradecemento a Cuba" e cos discursos do escritor na Universidade da Habana e na de Santiago de Compostela, o primeiro con motivo do seu doutoramento Honoris Causa e este último no  acto da súa condecoración coa medalla Alejo Carpentier da República de Cuba.

Otros libros del autor en Libreria Xacobiño

Materia en Libreria Xacobiño

Galaxia en Libreria Xacobiño

  • Fago cousas con tea
    Titulo del libro
    Fago cousas con tea
    Lohf, Sabine
    Galaxia
    No disponible

    6,70 €

  • Arrolos
    Titulo del libro
    Arrolos
    G. Boullosa, Palmira
    Galaxia
    Palmira G. Boullosa ofrécenos trinta e un poemas para arrolar, textos que son cancións, historias, coplas par...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    8,50 €

  • Olo-Iepu-Iepu
    Titulo del libro
    Olo-Iepu-Iepu
    Carballeira, Paula
    Galaxia
    Esta historia trata sobre unha tribo de Africa, chamada Mangala. Os homes e as mulleres de Mangala son os mello...
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    8,40 €

  • Mover ficha
    Titulo del libro
    Mover ficha
    Nº 12
    Fernández Rial, Rosalía
    Galaxia
    Este non é un libro de texto, non é un manual de instrucións, non pretende ser exemplo de nada, non sabe a r...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    22,50 €

  • MUNDOS DE AGORA, OS
    Titulo del libro
    MUNDOS DE AGORA, OS
    Nº 1
    OREIRO, LOIS
    Galaxia
    Temos a vista presa na pantalla do móbil e a presenza dixitalizada As Big Tech abriron as fronteiras entre o l...
    No disponible