As terceiras mulleres

As terceiras mulleres

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788482887715
Año de edición:
Materia
ENSAYOS
ISBN:
978-84-8288-771-5
Idioma:
GALEGO
Ancho:
140
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
ENSAIO

Feminino e plural, As terceiras mulleres son figuras da multiplicidade  que poden propiciar un achegamento á lenta e complexa intervención histórica das mulleres como "suxeitos". Este ensaio de ensaios intenta  trazar un percorrido libre por distintas obras da tradición occidental, mostrando o diálogo entre a literatura, a música e as artes visuais de moi distintos tempos e lugares. En As terceiras mulleres, a autora amosa como as fillas de Anio, cantadas por Ovidio nas Metamorfoses, supoñen a emerxencia dunha posibilidade alternativa de concibir a relación entre os xéneros, tomada esta palabra no seu dobre sentido de "xénero sexual" e "xénero literario". A misteriosa raíña de Mallorca, o poema "Dona Flamenca" de Alvaro Cunqueiro e a canción de temática amorosa composta e interpretada por mulleres cubanas son outros dos temas sobre os que María do Cebreiro refléxiona  e, a carón deles, sobrancean un orixinal achegamento ao pensamento literario de Virxinia Woolf ou a análise da fuxida dos discursos filosóficos e artísticos sobre o amor na sociedade contemporánea.

Otros libros del autor en Libreria Xacobiño

Materia en Libreria Xacobiño

Galaxia en Libreria Xacobiño