Alguén virá...
 IBD

Alguén virá...

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484876243
Materia
ENSAYOS
ISBN:
978-84-8487-624-3
Páginas:
124
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
ENSAIO

Alguén virá... é unha mirada crítica ao pensamento do intelectual galego máis internacional do século XX, Luís Seoane (1910-1979). O marco temporal para estas cavilacións son os frenéticos anos cincuenta: o período de maior produción literaria de Seoane, mais tamén un tempo de reformulación das hexemonías culturais nun Atlántico  norte co que el seguía vencellado, aínda dende a distancia do exilio.  Eran anos nos que o triunfo da narrativa da "posguerra" despois da Segunda Guerra Mundial contrastaba coa persistencia da guerra que expulsara da península a milleiros de exiliados republicanos. Neste contexto --ineludible para entender o encontro cos intelectuais de Galaxia do período 1956-1958--, Seoane afonda na percepción do desaloxo da historia á que estaban forzados os exiliados, unha conclusión pesimista que metaboliza, porén, a través da escritura literaria. Exemplo disto son o poemario As cicatrices (1959) e, sobre todo, a obra de teatro A soldadeira (1957), analizadas no libro. Alguén virá... parte destes escritos para establecer un diálogo entre a filosofía da historia coa que o romántico Seoane se defende do momento de perigo que foron para el os anos cincuenta e os textos que escribira dúas décadas antes unha das voces de referencia do romanticismo revolucionario da Europa de entreguerras, o Walter Benjamin das Teses sobre a filosofía da historia. Pensar a Seoane dende o diálogo co fervedoiro que foi a Europa dos anos vinte e trinta, que el non deixa de revisitar ata a fin dos seus días, é facerlle xustiza ao pensamento que informa o seu plural legado cultural.

Otros libros del autor en Libreria Xacobiño

Materia en Libreria Xacobiño

Laiovento (ibd) en Libreria Xacobiño

  • (RE)IMAXINANDO O UNIVERSO URBANO
     IBD
    Titulo del libro
    (RE)IMAXINANDO O UNIVERSO URBANO
    XOSÉ CONSTENLA VEGA
    Laiovento (ibd)
    Desde formulacións da crítica cultural neomarxista e desde a comprensión da teoría da solución espacial, o...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    15,00 €

  • Recompondo un país magoado
     IBD
    Titulo del libro
    Recompondo un país magoado
    Manuel Cabada Castro
    Laiovento (ibd)
    Esta obra contén relatos, propostas, reflexións e denuncias sobre a reivindicación da Galiza, a súa dignida...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,95 €

  • Fábula de Aves
     IBD
    Titulo del libro
    Fábula de Aves
    Manuel Forcadela
    Laiovento (ibd)
    SINOPSE: "Lingua morta, lingua estranxeira a que usan filósofos e poetas, tal como lemos na cita de Giorgio Ag...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    15,00 €

  • Acoso e demolición do sistema público de ensino
     IBD
    Titulo del libro
    Acoso e demolición do sistema público de ensino
    Xosé Ramón Branco Buxán
    Laiovento (ibd)
    ACOSO E DEMOLICIÓN DO SISTEMA PÚBLICO DE ENSINOCOVID-19: CAUSA OU ESCUSA?O ensaio identifica no sistema educa...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,95 €

  • O bosque sem saída
     IBD
    Titulo del libro
    O bosque sem saída
    Xavier Rodríguez Baixeras
    Laiovento (ibd)
    Ninguém sabe abrir a porta que conduz aosâmbitos da solidão. Não há saída do labirinto dobosque vazio. Ex...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    16,00 €