A memoria de Tui

A memoria de Tui

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483029114
Año de edición:
Materia
FOTOGRAFIA
ISBN:
978-84-8302-911-4
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
ALBUM DE POSTAIS

9,90 €

IVA incluido

Memoria de Tui, un libro que recolle a memoria gráfica da cidade fronteiriza no primeiro tercio do século XX.Volume preparado por Carlos Díaz Martínez, reproduce e cataloga oitenta e catro pezas gráficas, a maior parte delas tarxetas postais circuladas, e editadas,  tamén na súa maioría, pola iniciativa de fotógrafos e establecementos  tudenses como Bazar Hermida, Salvador Fernández (Las Colonias), F. Baquero (de Casa Figuerola) e J. Gándara; ademais doutras achegas tiradas do Portfolio Galicia, editado en 1904, que inclúe fotos do coruñés Pedro Ferrer e dos fotógrafos Páramo e Bugarín. Outros fotógrafos que participan neste legado de memoria son os clásicos Roisin e Ksado.Atopamos, tamén, os primeiros documentos gráficos editados de Tui, datados a mediados do século XIX, ilustracións de libros e da prensa "ilustrada" realizados mediante técnicas de augafortes ou de gravados en estereotipia. Este é o caso do gravado de  Joseph Skelton, unha fermosa paisaxe do Miño entre Tui e Valença, publicada nun libro inglés en 1840, ou da vista da Catedral, ou da Ponte Internacional, publicadas pola Ilustración Gallega y Asturiana en 1879 e 1880, respectivamente, evocadoras daquel Tui que fora unha das capitais do antigo Reino de Galicia e sé episcopal ata arestora.Iniciamos o percorrido coa imaxe de "O gaiteiro de Guillarei"  (1903) e das vistas panorámicas da vila, da Ponte Internacional e do Miño. Continuamos cos gravados e fotografías da Catedral e dos seus tesouros; coas instantáneas da vida cidadá na Corredoira, no paseo de Elduayen, na Glorieta e na Alameda, na Praza da Inmaculada; nos arrabalde de San Domingos e da Canicouba. O volume complétase, nas súas páxinas finais, con postais do río Louro, e dos muíños e do traballo aldeán de Caldelas de Tui.O material gráfico de A memoria de Tui vai precedido por unha evocación literaria da vila, preparada por Roque Cameselle. Un texto rico e moi documentado que constitúe unha viaxe paralela pola memoria da cidade.

Materia en Libreria Xacobiño

Xerais en Libreria Xacobiño

  • Rata linda de Compostela
    Titulo del libro
    Rata linda de Compostela
    Graña Villar, Bernardino
    Xerais
    No disponible

    8,15 €

  • O regreso dos maquis
    Titulo del libro
    O regreso dos maquis
    Reigosa, Carlos G.
    Xerais
    Tres dirixentes das guerrillas antifranquistas de Asturias, León e Galicia percorren de novo, case corenta ano...
    No disponible
  • Capitán Inverno
    Titulo del libro
    Capitán Inverno
    Fonte, Ramiro
    Xerais
    Capitán Inverno está organizado en seis grandes apartados: I. "Mínima Moralidade" (onde amplía o poemario d...
    No disponible

    15,80 €

  • Trasalba ou Violeta e o militar morto
    Titulo del libro
    Trasalba ou Violeta e o militar morto
    Ledo Andión, Margarita
    Xerais
    Trasalba ou Violeta e o Militar Morto é unha novela de persoaxe colectivo, múltiple, transformista, luíndo n...
    No disponible

    11,15 €

  • Vacacións 5 anos pompas de xabón
    Titulo del libro
    Vacacións 5 anos pompas de xabón
     
    Xerais
    O verán é a mellor época do ano para que os nenos e as nenas vivan novas experiencias. Durante este período...
    No disponible

    14,50 €